Facultad de Filología

La Facultad  |  Grados  |  Másteres  |  Doctorado  |  Investigación  |  Calidad  |  International Students


X Premio de Tradución para o Galego de Textos Científico-Técnicos

 

A Facultade de Filoloxía, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da UDC, convoca o X Premio de tradución para o galego de textos científico-técnicos.

Establécense catro modalidades con cadanseu premio de 200 €:

  • tradución directa do francés para o galego
  • tradución directo do inglés para o galego
  • tradución inversa do galego para o francés
  • tradución inversa do galego para o inglés

 

O prazo de entrega dos traballos comeza a partir do día seguinte en que se publique e chegará ao 18 de setembro de 2020.

Para acceder aos fragmentos obxecto de tradución e o xeito en como se concorre, consúltese a convocatoria en PDF.

 

 

 

 

 

Os/as graduados/as nos anos 2015 a 2018 poden recoller na Administración da Facultade de Filoloxía o SUPLEMENTO EUROPEO AO TÍTULO (SET).

O SET do alumnado de grao titulado en anos anteriores ao 2015 expedirase por pedimento individual do alumnado interesado, quen deberá solicitalo na Administración da Facultade.

Para máis información contactar coa Administración da Facultade de Filoloxía: administracion.filoloxia@udc.gal

Teléf. 981 167 000  Ext. 1714-1715-1717