Seguindo co ciclo Conversas coa dirección, que quere achegar ao público dunha maneira persoal a obra fílmica dos diferentes realizadores convidados e ofrecer a posibilidade de conversar con eles, presentaremos dúas pezas documentais da autoría de Carlos A. Quirós e Cristina Esteiro.
A primeira é unha obra recentemente producida e que se atopa en distribución en distintos festivais: MBook. O libro mecánico de Ángela Ruiz Robles. E a outra, unha brevísima peza que resultou gañadora no oitavo festival de vídeo-poesía Versi di Luce (Gela, Italia), dispoñible na plataforma Feelmakers, e que tivo percorrido por máis de 20 festivais de todo o mundo: FERROL MOLA.
Sinopse:
A ferrolá Ángela Ruiz Robles patentou na metade do século XX un libro mecánico coa finalidade de alixeirar o peso das mochilas que os nenos e as nenas levaban á escola. Dona Angelita, como era coñecida, anticipou a chegada dos dispositivos dixitais, mais o seu principal obxectivo non foi acadado en absoluto.
Sinopse:
Na cidade de Ferrol, o graffiti dun divertido moneco amarelo adorna as deterioradas fachadas das rúas máis decadentes. O coñecido moneco, que sempre semella estar de bo xorne, acompaña unha curiosa mensaxe de grande optimismo: FERROL.
A Coruña
| Data: | 3 de xullo de 2018 |
| Horario: | ás 20 h. |
| Lugar: | CUBO de NORMAL |
Ferrol
| Data: | 2 de xullo de 2018 |
| Horario: | ás 19 h. |
| Lugar: | Centro Cultural Universitario |
