Este ano as xornadas celebraranse en modalidade integramente virtual a través de Teams.
Para participar como relatore/as, o PDI deberá presentar unha video-comunicación que se subirá á canle de Stream das xornadas nos prazos que se indican no apartado de Participación. Non será necesario presentar abstract porque non haberá proceso de admisión previa.
Esta edición ten como obxectivo principal poñer en común as experiencias de adaptación da docencia ao medio virtual por mor da situación excepcional provocada pola pandemia. É por iso que as liñas temáticas prioritarias serán as seguintes:
Ao igual ca nas edicións anteriores, cos textos completos farase unha publicación dixital con ISBN e DOI aloxada no RUC da UDC. Dita publicación vai recoller os textos completos daquelas persoas que queiran dar a coñecer a súa experiencia nesta modalidade. Por este motivo, é importante que se presenten propostas orixinais que non foran publicadas anteriormente por outros medios.
As Xornadas de Innovación Docente están destinadas a persoal docente e investigador da Universidade da Coruña, polo que para presentar Video-comunicacións é preciso ter este perfil.
A asistencia é libre para calquera persoa da comunidade universitaria da UDC con interese pola temática das xornadas.