Tramitación títulos

A expedición dun título propio de posgrao será solicitada individualmente por cada estudante e tramitada pola UEPP e a Sección de Títulos da seguinte maneira:

A UEPP remitirá á Sección de Títulos os expedientes de solicitudes individuais de expedición que conterán:

  • A solicitude individual de expedición de título xunto coa copia do DNI ou pasaporte en vigor.
  • Unha copia da documentación de acceso da persoa solicitante.
  • A certificación académica individual emitida pola UEPP.

A Sección de Títulos procederá a:

  • Imprimir os títulos baseándose na documentación referida no apartado anterior.
  • Rexistrar os títulos no Libro de Rexistro de Títulos Propios da UDC.
  • Presentar os títulos ao reitor para a súa sinatura.
  • Enviar os títulos a UEPP para a súa entrega ás persoas interesadas despois de asinar no Libro de Rexistro de Entrega de Títulos Propios de Posgrao.