Acta académica

Sobre a base dos datos do proceso de matrícula, a UEPP elaborará unha acta académica colectiva na que, posteriormente, se recollerá a avaliación final de coñecementos de cada alumno referida á totalidade dos créditos do curso propio de posgrao e que será APTO, NON APTO ou NON PRESENTADO.
Esta acta será enviada á dirección do curso con antelación suficiente á data prevista para o remate deste co obxecto de que se concedan as cualificacións que procederen.
Consonte ao artigo 51 do REPP, antes de transcorrer un mes que se contará desde o remate do estudo, a acta será remitida de volta á UEPP, debidamente cuberta, coa data e a sinatura do/a director/a do curso e do/a secretario/a da unidade académica responsable.