Validación de matrícula
Unha vez recibida a listaxe e a documentación dos alumnos, a UEPP, coa maior brevidade, procederá a:
- comprobar que a documentación presentada é correcta e acorde cos requisitos establecidos,
- enviar as solicitudes de autorización para a sinatura do reitor no caso de titulacións non homologadas,
- validar a matrícula e/ou notificar as posibles incidencias á dirección dos estudos,
- crear os correspondentes expedientes dos estudantes como alumnos de estudos propios de posgrao da UDC
Finalizado este proceso, entenderase formalizada a matrícula e os estudantes de posgrao poderán solicitar a tarxeta de estudante da UDC e ter acceso a diferentes servizos telemáticos que a Universidade da Coruña pon a súa disposición (en particular o servizo de correo electrónico).