El Mundo ofrece unha guía que recolle as 50 titulacións máis solicitadas polos alumnos e os centros académicos mellor valorados para cursalas. A clasificación é froito dunha análise de 27 criterios de selección, a opinión de máis de 2000 profesores ademais doutros indicadores.
Doutra banda, tamén realiza unha guía dos mellores másteres en 50 categorías, publicando o top 5 de cada unha delas. A clasificación é froito da análise de 25 criterios e a opinión de 800 profesores.
Cuestionario a profesores, datos das propias universidades, informes da ANECA e resultados de informes de universidades españolas.
7 de maio de 2025 (Grao) e 21 de xuño de 2024 (Master).
Desde a AXD elabórase un ranking tendo en conta os resultados ofrecidos por El Mundo da seguinte maneira: suma de primeiros, segundos e terceiros postos seguidos da suma de cuartas e quintas posicións, primando, en caso de empate, o número de titulacións que cada universidade logra en primeiro lugar, segundo, terceiro e así sucesivamente ata o quinto escalafón. Seguindo este criterio, a UDC ocupa o posto 19 das 92 universidades españolas estudadas, o que a sitúa dentro do primeiro terzo. Dentro das universidades públicas, a UDC é a 16ª de 48 institucións avaliadas

Posición das titulacións da UDC no “Ranking das 50 titulacións máis demandadas”:
| Titulación | Posición |
|---|---|
| Fisioterapia | 1 |
| Terapia ocupacional | 2 |

Este ano, dous másteres da UDC, en concreto o Master en Produción Xormalística e Audiovisual e o Master en Enxeñaría Informática, aparecen dentro das cinco primeiras posicións das áreas denominadas Audiovisual e Tecnoloxías, respectivamente.
|
|
2024 |
|
Audiovisual |
|
|
Produción Xormalística e Audiovisual |
5 |
|
Tecnoloxías |
|
|
Enxeñaría Informática |
5 |
Actualizado: novembro de 2025