Recuento e Ynventario de Vienes, Muebles, Alajas, Libros...

Este Recuento e Ynventario... data de 1812 e foi elaborado por José Antonio Suárez de Pazos para detallar a totalidade dos seus obxectos persoais, mobiliario, xoias, libros, roupa e outros bens de valor. Tamén inclúe os haberes da súa muller Antonia Martina Dolores Salazar, xa falecida no momento da realización do inventario.

Estes documentos son moi útiles, xa que proporcionan información valiosa sobre a riqueza, o estatus social e a vida cotiá das familias da época. Eran elaborados moitas veces pensando en futuras herdanzas, como semella ser neste caso, ou en separacións de bens. Constituían un instrumento clave para estimar fortunas familiares e previr posibles conflitos.

O nivel de precisión e detalle destes inventarios era tal que daba lugar a libros de máis de 100 páxinas.

Descrición física
Título: Recuento e Ynventario de Vienes...
Autoría: José Antonio Suárez de Pazos
Data de creación: 1812
Volume e soporte: 1 libro manuscrito
de 122 páxinas, de 16x21,8 cm
Estado de conservación: bo