Este proxecto de explotación da mina Emilita de Corcoesto (Cabana, A Coruña) levouse a cabo entre os anos 1919 e 1925. Nel participaron varios emigrantes retornados, entre os que destacaba a presenza do filántropo José Álvarez Fernández. Outra figura relevante foi Sergio Rivera Chao, persoa clave na minaría galega, quen achegou o xacemento e os terreos.
A mina xa fora explotada moito tempo atrás polos romanos e máis recentemente polos ingleses, que a abandonaron en 1910. Foi un proxecto condenado ao fracaso desde o comezo. O ouro extraído nunca chegou a compensar o desembolso inicial, taxado en 2 millóns de pesetas (uns 12 000 euros), froito da construción de pontes e estradas, un taller mecánico, un lavadoiro, casas para os enxeñeiros...
A documentación da mina inclúe análises e ensaios de mostras, esbozos e planos de traballo, balances económicos e xustificantes de préstamo.
Descrición física
Título: Mina Emilita de Corcoesto
Procedencia: Fondo Sergio Rivera Chao
Data de creación: 1919-1925
Volume e soporte: 11 documentos,
maiormente análises de mostras e planos da mina
Estado de conservación: bo