Mapas das provincias galegas

As láminas provinciais foron editadas por Francisco Boronat y Satorre a finais do XIX. Publicáronse primeiro por entregas, baixo o título España Geográfica Histórica Ilustrada e posteriormente, dado o éxito acadado, agrupadas no Atlas Geográfico Histórico de las Provincias de España.

Esta serie ten gran valor ao empregar a estampación en cromolitografía, con que se conseguen reproducións en cor de gran calidade. Ademais, é pioneira na súa composición. O mapa ocupa o lugar central e, arredor del, artéllanse o resto dos elementos: ilustración co escudo de armas, lugares emblemáticos e traxes típicos, recensións xeográficas e históricas, así como unha imaxe panorámica da capital da provincia correspondente.

Cada lámina foi dedicada a un persoeiro da época: a da Coruña a Antonio Romero Ortiz, a de Lugo a Augusto Ulloa, a de Ourense a Eduardo Chao e a de Pontevedra a Justo Pelayo; todos eles ministros durante eses anos.

Descrición física
Título: Mapa de La Coruña / Lugo
Orense / Pontevedra
Editor: Francisco Boronat y Satorre
Data de creación: [ca. 1870-1890]
Volume e soporte: 4 láminas de 54x69 cm,
estampadas en cromolitografía
Estado de conservación: bo