Segundo os expertos, este mapa pertencería á obra Atlas sive Cosmographicae Mediationes de Fabrica mundi et fabricati figura. Foi gravado por Gerard Mercator e publicado arredor do 1611 por Jodocus Hondius en Ámsterdam.
Trátase dunha das primeiras veces que Galicia aparece como un «reino» cartografado por si mesmo, o que reflicte tanto a súa relevancia xeográfica como a identidade histórica do territorio.
O mapa inclúe elementos ornamentais como cartelas con textos, galeóns mariños e escalas gráficas entre cornucopias. O relevo está representado por perfís de montaña abatidos e a planimetría incorpora cidades, con agrupación de edificios, pontes, muíños, faros e división de reinos. A costa aparece realzada con raiado horizontal, que se interna nos ríos, e o mar con raiado en zigzag simulando ondas.
Descrición física
Título: Gallaecia Regnum
Autoría: [Gerard Mercator]
Data de creación: [ca. 1598]
Volume e soporte: 1 mapa de 37x42 cm,
coloreado a man sobre folla de 47,7x57,7 cm
Escala: [ca. 1:712.000] 7 Leucae Hispanicae [= 6,25 cm]
Estado de conservación: regular