Santiago Casares Quiroga estudou na Escola de Náutica da Coruña durante o ano académico 1914/1915. En concreto, cursou Alemán (1º e 2º), Mecánica aplicada e Lexislación mercantil, e acadou en todas elas a calificación de sobresaínte.
No seu expediente figuran, ademais da certificación oficial de estudos e da papeleta de matrícula, 2 cartas manuscritas dirixidas ao director da Escola. Na primeira delas, do 30 de abril de 1915, solicítalle poder examinarse das 4 materias en que está matriculado. A segunda, do 14 de agosto dese mesmo ano, é unha instancia en que lle pide a certificación dos estudos e o seu traslado á Escola de Comercio da Coruña.
Casares Quiroga (1884-1950) exerceu importantes postos durante a Segunda República, entre eles varios ministerios e a presidencia do Consello de Ministros desde maio de 1936 ata o golpe de Estado de xullo.
Descrición física
Título: Expediente personal del alumno
Santiago Casares Quiroga
Data de creación: 1914-1915
Volume e soporte: 9 documentos/carpetas
de 34x24 cm
Estado de conservación: moi bo