Carta de Emilio Castelar

Emilio Castelar foi presidente do Goberno durante a I República, entre setembro de 1873 e xaneiro de 1874. Defendía un republicanismo democrático e liberal e buscou o apoio dos conservadores e do Partido Democrático-Radical. O 3 de xaneiro de 1874, o xeneral Pavía deu un golpe de Estado e impuxo un novo Goberno, presidido polo xeneral Serrano. En decembro, restableceuse a monarquía e foi proclamado rei Alfonso XII. Castelar viuse obrigado a se exiliar en París.

Esta carta escríbea desde a capital francesa. O seu destinatario semella ser Manuel Pedregal Cañedo, ministro de Facenda durante a I República e bo amigo seu. Nela trasládalle a súa preocupación pola situación política do país e confróntaa con pesar coa que se vive en Francia.

Emilio Castelar é considerado como un dos oradores máis elocuentes e tamén como un dos grandes prosistas españois do século XIX.

Descrición física
Autoría: Emilio Castelar (1832-1899)
Destinatario: Manuel Pedregal Cañedo (1831-1896)
Data de creación: 17 de agosto de 1875
Volume e soporte: 1 carta manuscrita
de 2 páxinas en formato apaisado, de 21x15 cm
Estado de conservación: bo