Chamamento para participar nas concentracións e minuto de silencio:
Data: mércores, 7 de maio de 2025
Horarios e lugares:
Ás 12:00 h.
- Entre as escaleiras das Facultades de Ciencias da Educación e Dereito (Campus de Elviña) en A Coruña
Ás 12:00h.
- Patio da Reitoría (A Coruña)
Ás 12:30h.
- Fronte á Facultade de Humanidades (Campus de Esteiro) en Ferrol
Participa!
A Rede Universitaria por Palestina convoca o seu primeiro encontro estatal na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Barcelona (Sala Jane Addams, 4ª planta) os próximos 28 e 29 de novembro de 2024.
O programa das xornadas, tituladas LA UNIVERSIDAD ANTE EL GENOCIDIO, pode consultarse aquí.
A inscrición é gratuita (rexistro anticipado aquí) e o acceso é libre ata completar aforo, en formato puramente presencial (asistencia recoñecida con certificado para todas aquelas persoas que o necesiten).
Máis información sobre a Rede Universitaria por Palestina en https://www.redxpalestina.org/
A Oficina de Cooperación e Voluntariado e Asamblea de Cooperación por la Paz propoñen esta xornada para indagar sobre o conflito de Palestina, ofrecendo unha visión interdisciplinar e global do mesmo, que non esté centrada unicamente nos acontecementos derivados da situación actual, senón no contexto histórico e xeopolítico, facendo fincapé nas obligacións desatendidas da comunidade internacional para co pobo palestino no marco do DIH e o DIDH.
Data: Xoves, 31 de outubro
Lugar: Salón de actos da Facultade de CC. da Educación (Campus de Elviña)
Horario: 9:00 a 14:00h
Inscricións no QR do cartel ou na seguinte ligazón: https://forms.office.com/e/emcKQP89cn
O Sr. Embaixador de Palestina en España, D. Husni Abdel Wahed, impartirá unha conferencia baixo o título "Palestina: setenta e sete anos de espera", acto que terá lugar o vindeiro 10 de outubro (xoves) ás 18:00 horas no Paraninfo da Universidade da Coruña.
A exposición dos traballos de curso realizados na materia "Hábitat Básico" da ETSAC analiza a destrución de Gaza e aborda a utilización da vivenda e o hábitat como estratexia bélica para o control e a opresión.
Esta exposición está aberta, en formato físico, do 7 ao 9 de outubro na ETSAC e, en formato dixital e permanente, na seguinte ligazón: Aniversario do conflicto en Gaza: Exposición da materia Hábitat Básico (udc.es)
O día 7 de outubro cúmprese un ano do inicio da guerra entre Israel e Palestina, e como acto de memoria e denuncia, convidámoste á lectura dunha escolma de poemas palestinos, na AC Alexandre Bóveda ás 19:30h. É preciso inscrición previa.
Máis información e inscrición aquí
Francesca Albanese, relatora especial das NNUU nos territorios palestinos ocupados, ofrece unha conferencia en liña o 10 de abril de 2024 ás 12h.
Poderá seguirse, simultaneamente, dende o Salón de Graos da Facultade de CC. da Educación (campus Elviña), e dende o Salón de Actos Concepción Arenal (campus de Ferrol).
Está previsto un coloquio posterior presencial en cada sede.
O alumnado da UDC levou a cabo unha serie de acampadas solidarias en favor do pobo palestino, como mostra do seu rechazo aos ataques de Israel en Gaza.