
Lanzada Calatayud: política turística e xestión de destinos
O pasado xoves 6 de febreiro achegouse á Facultade de Turismo Lanzada Calatayud, consultora de turismo. Durante o seu relatorio para o alumando do Máster en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos, debatéronse diversos temas como o turismo de cruceiros, a taxa turística, a situación actual de Santiago de Compostela, a necesidade de profesionalizar o sector ou a brecha de xénero.

Relatorio con Luis del Moral, consignatario no porto da Coruña
O pasado luns 10 de febreiro Luis del Moral, consignatario de buques e cruceiros no porto da Coruña, visitou a Facultade de Turismo para participar nun relatorio organizado no contexto da materia «Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos no Espazo Litoral e de Cruceiros», pertencente ó Máster Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos. O encontro foi moderado polos alumnos desta titulación Pablo González-Carreró Acosta, Inés Rodríguez Parada e Wanyi Zheng. Grazas a súa participación, os asistentes puideron coñecer o papel do consignatario na chegada dos cruceiros á cidade, formular preguntas para descubrir os retos do futuro e debater sobre a xestión dos fluxos de excursionistas.

Relatorio sobre turismo náutico con Ana Suero Fernández
O pasado martes 11 de febreiro, Ana Suero Fernández, directora de AltaVela Sada, impartiu un relatorio na Facultade de Turismo sobre el turismo náutico en Galicia. O alumnado do Máster en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos profundizaron no desenvolvemento deste sector.
Abordáronse temas como os retos e oportunidades deste tipo de turismo, a comparación co Mediterráneo, a estacionalidade, o papel das administracións públicas e as estrategias para atraer más visitantes.
A sesión permitiu reflexionar e debater sobre a necesidade de facer o turismo náutico más accesible y sostenible para impulsar o seu crecemento en Galicia.
Os moderadores foron Fátima Zohra Talbi, Oussama Istaleb y Jianghao Zhang, alumnado do máster.

Conferencia Isabel Chousa: innovación, retos e oportunidades no mundo dos cruceiros
O pasado xoves 13 de febreiro a directora comercial de Miramar Cruises, Isabel Chousa, impartiu unha conferencia na Facultade de Turismo na que achegou ao alumnado do Máster en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos a súa experiencia como emprendedora e as súas labores dentro da compañía.
Dentro do seu relatorio, compartiu co alumnado os retos e oportunidades que se presentan para o sector das axencias de viaxes especializadas nos cruceiros ou as diversas accións que están a levar a cabo para dar a coñecer Miramar Cruises. Así mesmo, levouse a cabo un enriquecedor debate sobre a política turística e o impacto dos cruceiristas nos destinos.
As moderadoras da sesión foron Rebeca Mourelle Viqueira, Sheila Fariña Amado e Huajie Zhou, alumnado da materia Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos no Espazo Litoral e de Cruceiros.

Explorando o futuro do turismo de cruceiros: Pilar Cabana de Costa Cruceros
O pasado venres 14 de febrero, Pilar Cabana, delegada comercia de Costa Cruceros na zona noroeste de España, impartiu un relatorio na Facultade de Turismo para o alumnado do Máster en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos. Comezando pola súa labor dentro de Costa Cruceros, Pilar abordou temas como a estratexia comercial, a relación coas axencias de viaxes e a competencia con outras navieiras. Tamén se debateu a evolución do mercado tras a pandemia, a xestión dos cruceiristas e o papel dos consignatarios nos portos. A sesión permitiu comprender mellor a estructura do sector.
Os moderadores foron Mohammed Rida Elmorabiti, Zayed Belachhab e Qi Yang, alumnado do máster.
Published by: Facultade de Turismo