O director de Navantia Reparacións Ría de Ferrol imparte unha conferencia na Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos

Press release

4/8/19 11:42 AM

  • Institutional

A Coruña, 8 de abril de 2019.- A Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos, dirixida por Ana Álvarez e Fernando Lago, organiza unha nova conferencia dentro do ciclo deste curso, o vindeiro mércores, 10 de abril, ás 19:00 horas no salón de actos Concepción Arenal do Campus de Ferrol.

O director de Navantia Reparacións Ría de Ferrol, Antonio Nieto Freire, impartirá a conferencia titulada “Reparacións navais- A arte da improvisación organizada”.

Antonio Nieto Freire é Enxeñeiro Técnico Naval pola Universidade de Santiago de Compostela. Empezou a súa carreira profesional en 1989 como xefe de buque en reparacións de buques militares e mercantes en E.N. Bazán C.N.M (Empresa Nacional Bazán de Construcións Navais Militares) en Cartaxena, cargo que ocupou até 1994; foi presupuestista de obras de reparación de buques mercantes en E.N. Bazán C.N.M e IZAR en Ferrol entre 1995 e 2004. Desde 2004 até 2012 foi xefe de Control e Seguimento e adxunto ao Departamento Comercial en Navantia Reparacións Ferrol-Fene. Entre o 2012 e o 2018 foi adxunto a dirección en Navantia Reparacións Ferrol-Fene e actualmente é Director de Navantia Reparacións Ría de Ferrol.

Published by: Gabinete de Comunicación da UDC