Co gallo do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora exponse Entre destinos e barreiras: A muller no mapa laboral do turismo.
Este título xoga cos destinos turísticos e os destinos laborais ao fin do grado, así como co paralelismo entre o mapa físico e o laboral, deixando clara a temática abordada: o traballo das mulleres no sector turístico.
O principal obxectivo é coñecer a realidade co fin de elaborar accións encamiñadas á redución das desigualdades.
A través da presentación dos principais datos sobre a situación das mulleres no turismo e dos resultados obtidos no estudo The leaks in the pipeline and human capital management in tourism organizations, evidénciase unha realidade marcada polo talento perdido, pero tamén cun futuro esperanzador.
Preténdese que os homes tamén sexan conscientes desta situación e da súa responsabilidade para contribuír ao cambio.
Para iso, preséntanse tanto os resultados do estudo como os perfís de mulleres que actualmente forman parte da industria turística, co obxectivo de visibilizar as súas traxectorias profesionais e ser a fonte de inspiración que son.
Destacar especialmente o papel das mulleres na investigación en turismo e xénero, representando unha nova oportunidade.
INAUGURACIÓN: 06/03/2026
LUGAR: BIBLIOTECA DE FILOLOXÍA, CAMPUS ZAPATEIRA
ORGANIZAN: Raquel Santiago Romo, Jakson Renner Rodrigues Soares
COLABORAN: M. Elvira Lezcano González, Biblioteca de Filoloxía, OIX
Published by: Facultade de Turismo