Resolución reitoral do 12 de febreiro de 2025, pola que se convocan eleccións de representantes do estudantado nas xuntas de centro, no claustro universitario e no comité de dirección da escola internacional de doutoramento da universidade da coruña. Máis información sobre as eleccións a representantes do alumnado na seguinte ligazón:
O resto de fases deste proceso electoral publicaranse en https://eleccions2025.udc.gal
En relación con este proceso na Facultade de Turismo, renovarase un representante na Xunta de Facultade.
Published by: Facultade de Turismo