Concerto de Northwest

11/26/18 10:40 AM

  • Living arts Collabo Music

Luns 10 de decembro ás 20h na NORMAL e martes 11 de decembro ás 19h no CENTRO CULTURAL UNIVERSITARIO

Northwest é un dúo de pop experimental con sede en Londres, formado pola cantante e compositora Mariuca García-Lomas e o produtor e multiinstrumentista Ignacio Simón. A súa música explora diferentes xéneros, desde a música clásica contemporánea e a vangarda electrónica até o pop experimental, a psicodelia e o trip-hop. Os seus diversos lanzamentos discográficos leváronos a seren comparados con artistas da altura de Scott Walker, Geoff Barrow, Broadcast e Mark Hollis.

Entre 2015 e 2018, Northwest embarcou na súa primeira discográfica e desenvolveu o material do seu álbum de debut, o cal viu a luz a mediados de 2018. Gravado en diferentes lugares do Reino Unido, este álbum mostra a evolución de Northwest cara a un sonido único e característico.

Durante o último ano, Northwest ten compartido as súas reflexións sobre a realidade de seren artistas independentes na actual era tecnolóxica e ten mostrado a súa intención de procurar novas formas, non só en referencia á propia creación musical, senón tamén no xeito de comunicar, promocionar e escoitar estas creacións. O atípico lanzamento do seu álbum debut así como as diferentes series de video-arte que Northwest leva publicado ao longo do ano son o reflexo de tales inquietudes.

Northwest actúa con regularidade en todo o continente europeo. Os seus espectáculos ao vivo, que incorporan xogos visuais e elementos de danza, teñen sido cualificados de cativadores e hipnóticos. Despois dunha extensa xira que até o de agora levou o seu directo a países como Alemaña, Países Baixos, Rusia, Francia, Italia, República Checa, Eslovaquia e Serbia, entre outros, o dúo porá un emotivo colofón a un intenso ano cunha serie de concertos na Galiza e Portugal. Entre os días 7 e 15 de decembro, a posta en escena de Northwest poderá ser vista en Ourense, Vigo, A Coruña, Ferrol, Porto, Leiria, Estarreja e Aveiro.

 

 

A CORUÑA, 10 decembro 2018
SALA ALMACÉN. NORMAL do Campus de Riazor
20h

FERROL, 11 decembro 2018
CENTRO CULTURAL UNIVERSITARIO do Campus Esteiro
19h

 

Contacto:

Ignacio Simón - northwest@tempelarts.com

 

Logo Deputación

Published by: Cultura