A Coruña, 5 de xuño de 2026
No marco das celebracións do Día Mundial do Medioambiente, a Universidade da Coruña, ven de publicar en colaboración co Concello da Coruña o cómic “Un día no Monte Fraga”, unha obra de Xulia Pisón.
O proxecto naceu co obxectivo de achegar á cidadanía, e moi especialmente xeracións máis novas, a enorme riqueza de biodiversidade e o valor ecolóxico do Monte da Fraga, un antigo eucaliptal convertido, tras vinte anos de coidado, actuacións e custodia, nun bosque autóctono cheo de vida.
A través das súas viñetas, a publicación ofreceu unha viaxe visual e didáctica polos roteiros, a fauna e a flora deste espazo singular, transformándoo nun recurso pedagóxico accesible e atractivo.
O libro foi presentado na biblioteca do Castrillón e contou coa participación das vicerreitoras de Infraestruturas e Sustentabilidade e de Divulgación, Cultura e Deporte, Sonía Vázquez e Cristina Naya, respectivamente. Tamén estivo presente Yoya Neira, concelleira de Medioambiente do Concello da Coruña, xunto coa propia autora, Xulia Pisón.
A publicación propón ademais materiais adicionais dixitais para traballar na aula, xunto coa posibilidade de desenvolver unha Unidade Didáctica que busca afondar na experiencia del sentido do oído dos máis pequenos e en como o Monte da Fraga ofrece unha gran variedade de sons que hai que pararse a escoitar e cos que podemos desfrutar dunha das mellores bandas sonoras naturais.
Published by: Gabinete de Comunicación da UDC