Funcións do Consello de Goberno
Correspóndelle ao Consello de Goberno:
- Elaboración dos orzamentos.
- Propor a creación, modificación ou supresión de centros, institutos, titulacións e estudos.
- Crear, modificar ou suprimir departamentos e decidir sobre a súa adscrición aos centros.
- Aprobar e modificar planos de estudo, acordar directrices para a súa elaboración e supervisar o seu desenvolvemento e execución.
- Elixir os membros das comisións de reclamacións de profesores contratados.
- Acordar a creación e minoración de prazas, así como o sistema de provisión.
- Aprobar as comisións de concurso de acceso de profesores que obtiveran a habilitación.
- Outorgar a venia docendi dos profesores de centros adscritos.
- Designar os directores de centros non provistos por elección.
- Acordar a contratación dos profesores eméritos.
- Facer propostas sobre o réxime de admisión e permanencia nos estudos e a limitación de prazas.
- Elixir os membros da Comisión de Posgrao e aprobar os seus regulamentos.
- Dirimir os conflitos que se puidesen formular entre centros, departamentos e áreas de coñecemento, impulsar a súa actividade recoñecida estatutariamente e suplila cando, tras o requirimento, se deixe de realizar sen a correspondente xustificación.
- Resolver reclamacións de natureza académica presentadas por estudantes ou profesores, tras o informe do valedor universitario, e constituír, de ser o caso, un órgano de avaliación.
- Aprobar e/ou ratificar os convenios de colaboración con outras universidades e institucións.
- Acordar o réxime xurídico dos contratos para a realización de traballos de carácter científico, técnico ou artístico, así como para o desenvolvemento de ensinanzas de especialización ou actividades específicas de formación.
- Aprobar e modificar as relacións de postos de traballo.
- Elaborar e aprobar o seu propio regulamento de réxime interno, así como os de desenvolvemento destes Estatutos, salvo que se dispoña outra cosa nestes Estatutos.
- Aprobar os regulamentos dos departamentos, centros e institutos universitarios.
- Aprobar a distribución de créditos orzamentarios entre centros e departamentos.
- Calquera outra competencia que lle atribúan as disposicións legais vixentes e nos Estatutos.