Videoconferencia gravada

A presentación realízase conxuntamente para as titulacións:
Grao en Enxeñaría Informática
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos

Breve descrición

A Intelixencia Artificial (IA) é unha das áreas que máis interese atrae no ámbito das Ciencias da Computación, tanto dende o punto de vista científico-académico como do das súas aplicacións en múltiples sectores de actividade. Todos os seus avances están transformando o mundo e causando un enorme impacto en múltiples ámbitos e sectores da economía, a empresa e a sociedade.

O Grao en Intelixencia Artificial ten como obxectivo formar estudantes no deseño, desenvolvemento e despliegue de aplicacións de intelixencia artificial que permitan xestionar a complexidade crecente de grandes problemas actuais e darlles unha solución computacional. Por citar so uns poucos exemplos de áreas de aplicación típicas serían a mediciña personalizada, os sistemas de soporte á decisión, o vehículo autónomo, a robotización de procesos, as redes sociais ou o comercio electrónico. Para elo os estudos proporcionarán unha sólida formación científica e tecnolóxica nas bases e os modelos da intelixencia artificial, habilidades propias da enxeñería e coñecemento das tecnoloxías da información. Ademáis, se profundizará no estudo do aprendizaxe automático, o procesamiento da linguaxe natural, a visión artificial, o procesamento de grandes cantidades de datos e outras tecnoloxías clave como IoT, Ciberseguridade ou Robótica.

Con este novo grao a Facultade de Informática e o Sistema Universitario Gallego (SUG) se posicionan como referente no contexto educativo español para ofrecer titulados/as con formación xeneralista no ámbito da Enxeñaría Informática e unha especialización profunda no ámbito da Intelixencia Artificial.

Este título ten un carácter interuniversitario, sendo unha titulación conxunta da Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo. 


Número de prazas ofertadas: 50 en cada unha das universidades participantes (UDC, USC e UVigo). Preinscrición independente para cada unha delas.

Para obter máis información pódese contactar coa Facultade de Informática, centro responsable do título, na UDC: coordinacion.gia.fic@udc.gal

Vídeos

Presentación curta do centro 
Aquí atoparedes unha breve descrición da Facultade de Informática e as titulacións que nela se imparten

Conversas co alumnado do centro

noso alumnado cóntavos a súa experiencia

Facultade de Informática