Traslados de expediente e certificados de probas de acceso

Aquí atoparas información para a realización doutros trámites que podes necesitar para acceder á Universidade:

 

Traslado de Expediente para comezar estudos noutra Universidade fóra de Galicia

Deberás solicitar o traslado de expediente se:

  • Tes superado as Probas de Acceso á Universidade  (PAU, Maiores de 25 e de 45 anos), no Sistema Universitario Galego. 
  • Estás admitido/a para comezar os teus estudos universitarios de Grao nunha Universidade non galega.

NON deberás solicitar o traslado de expediente se estás admitido en estudos universitarios de Grao e accedes por: 

  • Ciclo superior sen PAU (parte voluntaria)
  • Titulados universitarios
  • Credencial da UNED 

Neste caso terás que contactar coa administración do centro universitario (Escola/Facultade) no que estiveches matriculado. Desde a administración indícaranche como é o procedemento a seguir.

Podes atopar os datos de contacto da administración correspondente premendo na seguinte ligazón:

Administracións dos Centros da UDC - Datos de Contacto

Trátase dun procedemento telemático que iniciarás remitindo un correo ao LERD que che corresponda e no que achegarás a documentación que se indica no seguinte punto:

1. Copia do DNI

2. Carta de admisión da universidad de destino ou resgardo de matrícula

3. Xustificante de exención de taxas, se procede

4. Solicitude de traslado de expediente:  descarga aquí a solicitude, énchea e asínaa antes de remitila

 

5. Impreso de taxas: remitiracho o LERD por correo electrónico unha vez que revise a anterior documentación para que realices o pagamento das taxas segundo se indica a continuación

Unha vez que recibas o impreso de pago do LERD, podes realizar o pagamento a través da pasarela á que accederás premendo na seguinte ligazón: 

https://epasarela.abanca.com/wpgs012/wpgs012m_pagorecibosdefault.aspx 

Unha vez accedas á pasarela debes:

  1. Introducir o código de barras  
  2. Premer en “Cargar datos” 
  3. Ir a “Pagar recibo” 

O importe que teras que pagar, salvo exención, é de 22,31 €

Podes comprobar o importe e as exencións posibles en:

Decreto DOG Mércores, 3 de xullo de 2024 (xunta.gal)

Unha vez recibida correctamente toda a documentación, o LERD, remitirache por correo electrónico o RESGARDO ACREDITATIVO DE TER SOLICITADO O  TRASLADO DE EXPEDIENTE.

Este documento é o necesario para a formalización da túa matrícula na universidade de destino.

Solicitude de Certificado das Probas de Acceso á Universidade

O procedemento, para obter a tarxeta das cualificacións das probas de acceso á Universidade, varía segundo a data de superación das mesmas:
  • Superadas antes do ano 1993: deberá remitir a solicitude ao correo electrónico oiu@usc.es, indicar o seu nome e apelidos, DNI/pasaporte, e especificar no asunto "Solicitude da tarxeta das cualificacións da PAU".
  • Superadas desde 1993 ao 2009: deberá remitir a solicitude ao correo electrónico lerdcoruna@udc.es/lerdfer@udc.es, indicar o seu nome e apelidos, DNI/pasaporte, e especificar no asunto "Solicitude da tarxeta das cualificacións da PAU". Este trámite supón o abono de taxas.
  • Superadas desde 2010 ata a actualidade: deberá remitir un correo a ciug@cisug.gal, indicar o seu nome e apelidos, DNI/pasaporte, e especificar no asunto "Solicitude da tarxeta das cualificacións da PAU".

Se a finalidade da solicitude é obter unha certificación das cualificación das probas de acceso á Universidade nos Campus da Coruña e Ferrol, como paso previo á legalización, para que teña validez no estranxeiro: deberá remitir un correo electrónico a lerdcoruna@udc.es/lerdfer@udc.es, indicar o seu nome e apelidos, DNI/pasaporte, e especificar no asunto "Solicitude de certificación para legalización". Este trámite supón o abono de taxas.

O procedemento é telemático. Segue os seguintes pasos:

  1. Remite un correo ao LERD que corresponda e achegar a SOLICITUDE enchida e asinada, xunto coa fotocopia do teu DNI
             Campus da Coruña: lerdcoruna@udc.gal 
             Campus de Ferrol: lerdfer@udc.gal 
  2. Desde o LERD enviaremosche o impreso de pago, cuxo aboamento poderás realizar:

A través da pasarela á que accederás na seguinte ligazón: 
https://epasarela.abanca.com/wpgs012/wpgs012m_pagorecibosdefault.aspx 

Para o acceso á pasarela debes:
1. Introducir o código de barras 
2. Premer en “Cargar datos”
3. Ir a “Pagar recibo”
4. Introducir os datos da tarxeta bancaria

■ Imprimindo o arquivo pdf e aboando as taxas presencialmente nalgunha das entidades bancarias indicadas nel.

  1. Remitir o xustificante do pago ao LERD, no mesmo fío de correo electrónico da solicitude do certificado.

Despois de remitir o xustificante do pago ao LERD, recibirás no teu correo electrónico a certificación académica solicitada, asinada dixitalmente.