A Facultade | Graos | Mestrados | Doutoramento | Investigación | Calidade | International Students

Declaración Medioambiental da Facultade de Filoloxía
Aprobada polo Comité Ambiental da facultade o 20 de outubro de 2016 e ratificada pola Xunta de Facultade o 26 de decembro de 2016
Política medioambiental
- Asumir un desenvolvemento sostible.
- Manter en funcionamento un Comité Ambiental.
- Solicitar á Oficina de Medio Ambiente da UDC que un/ha bolseiro/a sexa asignado/a ao centro.
- Realizar unha avaliación periódica dos aspectos medioambientais da facultade.
Aforro de enerxía eléctrica e auga
- Optimizar o consumo de enerxía eléctrica e auga.
- Promover o seu uso responsable.
Consumo responsable
- Promover o consumo responsable e minimizar ou optimizar o consumo.
- Promover o uso de documentos electrónicos en lugar de papel.
- Favorecer a adquisición ou subministración de materiais reciclables, reciclados ou co mínimo impacto ambiental posible.
- Optar, na medida do posible, por provedores de subministracións que garanten o coidado ambiental.
Xestión de residuos
- Fomentar a redución de residuos, o aproveitamento de materiais e a reciclaxe.
- Xestionar os aparatos eléctricos e electrónicos de xeito que manteñan a súa funcionalidade ou poidan ser reutilizados.
- Reciclar adecuadamente os residuos de aparatos eléctricos e electrónicos avariados ou no fin da súa vida útil.
Educación ambiental e voluntariado
- Acoller e realizar accións de formación e sensibilización.
Ambientalización curricular
- Estimular a incorporación de competencias e contidos ambientais ás materias.
- Promover o comportamento sostible na dinámica das materias.