Faculty of Philology

Comisión de Estratexia e de Calidade

 

A Comisión de Estratexia e Calidade da Facultade de Filoloxía ten atribuídas as seguintes funcións:

‐ realizar o seguimento dos planos de mellora das titulacións que se imparten no centro e elaborar unha memoria anual sobre o grao de execución e de satisfacción dos planos de mellora

‐ coordinar e promover accións correctoras que estean destinadas a mellorar a calidade da docencia

‐ elaborar e realizar o seguimento de calquera informe de avaliación da calidade que se lle solicitar ao centro

‐ elaborar unha proposta dos planos estratéxicos que correspondan á Facultade

‐ promover relacións cos axentes sociais e económicos que rendunden na mellora das titulacións e na inserción laboral das persoas egresadas

‐ elaborar propostas sobre futuros estudos

‐ todas aquelas recollidas nos procedementos do Sistema de Garantía de Calidade

‐ calquera outra función que, relacionada coa calidade, lle asignar a Xunta de Facultade

 

Sobre a súa estrutura e funcións, véxase o Regulamento de réxime interno da Facultade de Filoloxía (art. 21).

 

Relación actual dos membros da comisión