Mestrado universitario en dereito dixital e da intelixencia artificial (MUDDIA)

O Mestrado Universitario en Dereito Dixital e Intelixencia Artificial (MUDDIA) responde aos retos xurídicos dunha sociedade presidida polas tecnoloxías da información e a comunicación e o desenvolvemento da intelixencia artificial.

O MUDDIA consta de 60 créditos, distribuídos en dous semestres do curso académico. O seu plan de estudos garante unha formación especializada e proporciona as ferramentas necesarias para desenvolver a actividade profesional nunha contorna dixital que transformou o tráfico xurídico e as relacións entre administracións, entre o Estado e os seus cidadáns e entre
particulares.

O MUDDIA impártese de forma presencial, co complemento de ferramentas de teleaprendizaxe (Moodle, Teams…), e combina a perspectiva teórica e a perspectiva práctica mediante un profesorado con perfil académico e perfil profesional. Ademais, para facilitar a comprensión dos numerosos cambios tecnolóxicos asociados á dixitalización e a intelixencia artificial, conta con a participación de profesores da Facultade de Informática e especialistas do sector TIC.

Cada estudante do MUDDIA contará cun/a profesor/a mentor/a, que o acompañará e orientará ao longo do curso e asesoraralle en cuestións académicas.

Curso 2025/2026

 

Entidades colaboradoras

ABANCA - ALTIA - AMEIJENDA ABOGADOS - ANDRONES - APDTIC - ARCA ABOGADOS - CONCELLO DE A CORUÑA - CONSELLERÍA DE SANIDADE XUNTA DE GALICIA - DATALAWYERS - DIPUTACIÓN DE A CORUÑA - DOCUTEN - ENTREMETIDOS - INDITEX - KPMG - MUDDLEMETRICS - NOROESTEWEB - PM4GOV, S.L. - P&S ABOGADOS - SISTEMIUS - UDC (DPO) - VEGA CONSULTORES - VOZ DE GALICIA

 

Contacto

Natalia Álvarez Lata
Coordinadora do estudo
natalia.alvarez.lata@udc.es