O 13 de abril de 2015 a Universidade da Coruña e a Compañía de Tranvías da Coruña S.A. asinaron o convenio para a creación da Aula Compañía de Tranvías, aula institucional patrocinada pola Compañía de Tranvías da Coruña, S.A. para o desenvolvemento de actividades de interese común para ambas as institucións.
A Compañía de Tranvías ten máis de 100 anos de historia, sempre ao servizo da mobilidade na cidade da Coruña. Iniciou a súa andaina no ano 1903 cos tranvías de mulas, e tras numerosas transformacións nos seus vehículos, na actualidade xestiona unha frota de case 100 autobuses dotados coas últimas tecnoloxías, tanto en sistemas de localización como en sustentabilidade ambiental.
A Aula Compañía de Tranvías preséntase como unha oportunidade para aproveitar as sinerxías que se poden derivar do intercambio de experiencias e coñecemento entre a Compañía de Tranvías da Coruña S.A. e o Grupo de Ferrocarrís e Transportes da UDC. Os obxectivos estratéxicos da aula son os seguintes:
A aula Compañía de Tranvías está dirixida pola profesora Margarita Novales e depende da Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia. Pode porse en contacto na Aula Compañía de Tranvías a través do correo electrónico: aula.tranviascoruna@udc.es.