O principal obxectivo do Campus Innova é consolidar a universidade como un polo de excelencia rexional, nacional e internacional na innovación dixital, tecnolóxica e humanística.
Deste xeito, a través do impulso deste polo de excelencia, a UDC logrará unha universidade máis atractiva con títulos que permitan atraer máis estudantes do panorama nacional e internacional e con liñas de investigación prioritarias que se vexan reforzadas gracias a unha mellor captación de fondos públicos e privados e con máis impacto na sociedade e o tecido socioeconómico.
Os obxectivos que se perseguen co Campus Innova son os seguintes:
- Fortalecer áreas de coñecemento que dan resposta a retos actuais
- Establecer áreas emerxentes de desenvolvemento docente e investigador que permitan impulsar á excelencia da UDC
- Establecer liñas de comunicación e sinerxías entre os distintos grupos de investigación, que cumpran criterios de excelencia para mellorar a súa competitividade nas distintas liñas de financiamento nacionais e europeas.
- Captar maior financiamento público e privado, mellorando a capacidade para liderar proxectos europeos de gran escala
- Potenciar a interdisciplinaridade como forma de dar resposta a problemas complexos das sociedades actuais
- Desenvolver unha oferta académica que fomente a innovación, a formación sólida e flexible, adaptada ao mercado de traballo fluído que caracteriza a sociedade actual
- Atraer talento investigador e docente
- Incrementar a presenza de estudantes estranxeiros
- Situar a universidade como un axente que axuda a mellorar a competitividade de sectores profesionais
- Impulsar novos modelos formativos como son a formación en liña ou a formación dual no ámbito universitario
- Mellorar o posicionamento da Universidade con empresas, axentes e institucións e fortalecer a rede de contactos
- Impulsar a transferencia e valoración dos resultados