Curso de formación en escritura científica
Desde a EIDUDC organizamos un curso de formación en escritura científica para dotar ao alumnado de doutoramento das habilidades necesarias para comunicar os resultados da súa investigación de xeito claro, rigoroso e estruturado. Nun contorno académico cada vez máis competitivo e globalizado, unha formación específica en escritura científica non só impulsa a produtividade investigadora e a visibilidade do alumnado de doutoramento, senón que tamén mellora a calidade global dos programas de doutoramento e a excelencia institucional da universidade.
Animámoste a participar!
Título: Obradoiro de redacción de artigos científicos. Teoría e práctica
Idioma: Español
Duración: 10 horas
Datas: 2 e 3 de xuño de 2026, de 9.00 a 14.00 horas
Formato: Presencial
Lugar: Aula de Doctorado, na casa do Estudantado
Prazas dispoñibles: 25
Profesor: Dr. Rodrigo Lozano
Obxectivos da actividade:
- Aprender a estrutura típica dun artigo científico e os seus compoñentes.
- Avaliar artigos ben escritos e outros que non o están.
- Entender os métodos cualitativos e cuantitativos.
- Realizar revisións por pares de artigos escritos polos compañeiros.
- Traballar nun artigo que se estea a preparar.
Data límite: 22 de maio ás 12.00h.
Enlace para a inscrición: