Axudas para estadías Inditex-UDC 2025

O obxecto desta convocatoria é facilitarlles a estudantes da UDC a estadía en centros de investigación no estranxeiro co fin de complementar os seus estudos de doutoramento, de modo que poidan optar á mención internacional no título de doutor/a.

 

Estudantes matriculados/as a tempo completo nun programa de doutoramento da UDC no curso 24/25.

No caso de solicitudes de estranxeiros/as para estadías no seu país de orixe ou noutro país en que tivesen vinculación contractual ou estudos previos, deberá motivarse para á valoración da Comisión de Seguimento.

  1. Telemático

Indicacións para xuntar a documentación no rexistro

2. Presencial

  • Rexistro Xeral da UDC. Reitoría. A Maestranza, 150001, A Coruña.
  • Oficina de Doutoramento, Pavillón de Estudantes, campus de Elviña, 15071 A Coruña.
  • Rexistro Auxiliar de Ferrol, Edificio de Apoio ao Estudo, andar baixo, Avenida de Vigo, s/n, Campus de Esteiro, 15403 Ferrol.

Se a solicitude se presenta nalgunha das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, deberase enviar unha copia desta solicitude ao correo electrónico oficina.doutoramento@udc.es.

De xeito xeral, a duración da estadía subvencionada será de tres meses (min 90 días).

Ano 2025, salvo situacións excepcionais de carácter xeral.

Teléfono: +34 881012364

Correo electrónico: oficina.doutoramento@udc.es

Tramitación das persoas solicitantes

 Anexo I ( Doc / PDF) e o Anexo II (Doc / PDF), coa seguinte documentación:

  • Solicitude da estadía na Secretaría virtual co informe favorable do perfil autorizado.
  • Autorización da estadía pola CAPD.
  • Acreditar a admisión na entidade para a que se solicita a estadía.
  • Currículo (CVN, CNEAI, MINECO, ACSUG)
  • Acreditación do nivel de coñecemento do idioma oficial do país onde realizará a estadía ou, no seu defecto, acreditación do nivel de coñecemento de inglés.
  • Certificación académica oficial (para os estudos realizados na UDC é válida a copia do expediente académico).

- Cualificacións obtidas.

- Datas de obtención.

- Número de convocatorias consumidas.

- Nota media do expediente.

- Nota media da promoción (só aos efectos de baremación).

  • Copia do contrato (debe estar vixente durante todo o período de realización da estadía).
  • Autorización do investigador/a responsable do contrato do/a solicitante.

Licencia asinada polo vicerreitor de Política, Científica, Investigación e Transferencia. Solicitar no enderezo programas.rrhh@udc.es

Copia do documento acreditativo da condición de discapacidade.

Obligacións das persoas beneficiarias

  • Aceptación da axuda (oficina.doutoramento@udc.es) nos 15 días naturais dende a publicación da resolución definitiva no TEO.
  • Alta/ modificación datos bancarios https://sede.udc.gal/services/procedures/ECO_003
  • Notificar á Escola Internacional de Doutoramento calquera cambio nas condicións da estadía.
  • Subscrición do seguro Hac Luce Movilidad:

      • Activar a cobertura do seguro. Comunicar:

- As datas de inicio e finalización da estadía.

- As datas dos días de viaxe de ida e de retorno da estadía

A quen se comunica?

- á Oficina de Doutoramento (doutoramento@udc.es)

- ao corredor do seguro (HOWDEN ARTAI (981233625 / coruna@artai.com)

  • Tarxeta Sanitaria Europea no caso de realizar a estadía nun centro dun estado con cobertura. solicitar
  • Comunicar á Escola Internacional de Doutoramento oficina.doutoramento@udc.es a incorporación a institución ou centro da estadía dentro dos 20 días seguintes á incorporación. ANEXO IV Doc / PDF.
  • Desempeñar a actividade en réxime de dedicación exclusiva.

Remitir á EIDUDC no prazo de 1 mes dende a finalización da estadía:

  1. O informe do traballo realizado na estadía. Anexo V Doc/PDF.
  2. Certificado da estadía emitido polo centro de destino no que consten as datas de inicio e fin da estadía. (a sinatura ten que ser orixinal, manuscrita ou no caso de ser electrónica que se poida verificar).  
  3. Declaración responsable de complemento de custos. Modelo.