Facultade de Ciencias da Comunicación

Facultade de Ciencias da Comunicación

Campus Elviña
15071 A Coruña A Coruña (03082)
España (ES)

A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña imparte na actualidade o grao en Comunicación Audiovisual e o segundo ciclo da licenciatura. Proporciona a formación universitaria inicial dun ámbito de coñecemento científico e académico e dun campo de profesional consolidado e amplamente estendido.
Os novos medios e a animación son a orientación propia do programa de estudos. Na facultade fórmase un profesional especializado e tecnicamente preparado para a creación audiovisual en contornos dixitais, o deseño de produción integral e as funcións consultivas, organizativas e directivas en todo tipo de medios e soportes audiovisuais e tecnolóxicos, cunhas figuras profesionais definidas: director, guionista e realizador audiovisual, produtor e xestor audiovisual, deseño de produción e posprodución visual e sonora, e investigador, docente e experto en estudios visuais.
A oferta de posgrao permite a especialización en produción audiovisual e a edición xornalística.

Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal