LIBROS ELECTRÓNICOS

O acceso aos recursos electrónicos está restrinxido aos membros da comunidade universitaria da UDC. Para acceder desde fóra cómpre autentificarse previamente co nome de usuario e a contrasinal.  

Ademáis no caso de acceso institucional hai que seleccionar a Universidade da Coruña como institución e autentificarse posteriormente. 

Unha alternativa para traballar desde fóra é o emprego de ferramentas como o escritorio virtual VDI, ou a rede privada virtual VPN. 

Recoméndase o uso dos navegadores Mozilla Firefox ou Microsoft Edge.

LIBROS (E) DESTACADOS

BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA (E)

BR Electrónica
do Grao de

ENFERMARÍA

BR Electrónica
do Grao de

FISIOTERAPIA

BR Electrónica
do Grao de

TERAPIA OCUPACIONAL

PLATAFORMAS

EUREKA

Eureka é a colección de libros electrónicos da Editorial Médica Panamericana, un referente na publicación en ciencias da saúde en castelán. Na plataforma temos na actualidade catro títulos escollidos.

ENFERTECA

Plataforma dixital especializada en enfermaría que inclúe máis de 150 volúmes de libros, Atlas e dicionarios de enfermaría, guías de intervención rápida, manuais de formación e títulos de revistas a texto completo como Metas de Enfermería, Ridec, Matronas, Enfermería en Cardiología, Enfermería del trabajo, entre outras.

NNN CONSULT

NNNConsult é unha ferramenta dixital orientada a profesores, estudantes e profesionais da enfermaría que permite o uso das taxonomías enfermeiras NANDA, NOC e NIC para a consulta e creación de plans de coidados. O acceso faise a través da plataforma Clinical Key, coas credenciais da conta de Elsevier.