(xullo-agosto 2017)
Aproveitamos o verán para expoñer obras nas que as viaxes son a súa razón de ser: algunhas son narracións das vivencias dos seus autores, outros relatos xurdiron só na súa imaxinación; tamén incluímos ensaios teóricos sobre este xénero literario e guías de viaxes.
(maio 2017)
Carlos Casares (1941-2002) escribiu contos, novelas, literatura infantil, ensaios, biografías e traducíu obras como 'O Principiño' ou 'O vello e o mar'. Un grande autor ao que homenaxeamos no Día das Letras Galegas deste ano.
(febreiro-abril 2017)
A íntima relación entre a literatura e o cine é o motivo desta exposición (que xa organizamos en 2015 e que agora retomamos): colocamos a obra literaria acompañada da súa versión cinematográfica para que poidades apreciar as diferencias e similitudes entre unha e outra.