LIBROS LIBRES

 

Dende a Biblioteca da Facultade de Informática da Universidade da Coruña poñemos en marcha esta campaña de Bookcrossing no noso centro para permitir o aproveitamento dos libros e promover o hábito de ler e fomentar o intercambio de experiencias en torno á aprendizaxe e ao pracer da lectura.

Le, libera libros e comparte coñecemento e experiencias!

 

Que é o Bookcrossing?  

O Bookcrossing é un movemento internacional nacido no ano 2001 en Estados Unidos e que basicamente consiste nun Club de libros global que non coñece límites xeográficos e cuxo obxectivo é converter o mundo nunha Biblioteca.

En definitiva, é a práctica de deixar libros en lugares públicos para que os recollan outros lectores, que despois farán o mesmo. A idea é deixar viaxar libremente aos libros para que poidan ser encontrados por outras persoas.

No contexto deste movemento, a Biblioteca da Facultade de Informática da Universidade da Coruña pon en marcha a iniciativa “Libros libres – BookCrossing”. O obxectivo principal é permitir o aproveitamento dos libros que xa non se usan na biblioteca ou que os alumnos xa non precisen (ao superar unha materia ou terminar a carreira), de forma que poidan utilizalos outros alumnos pero tamén fomentar a lectura e difundir entre a comunidade universitaria un espírito de compartir recursos. Con este fin habilítase unha Zona BookCrossing onde se poden deixar os libros para que as persoas disfruten coa súa lectura. Cólleos, leos e logo déixaos libres en calquera sitio visible e accesible para que outra persoa poida utilizalos.

 

Que facer no caso de querer levar un libro da Zona de cruce?