Os dereitos de autor e a propiedade intelectual son dous aspectos legais que nos afectan como creadores e consumidores de información científica, artística e cultural.
Como consumidores debemos ser honestos e citar as fontes de información que empregamos, ao mesmo tempo hai que coñecer a diversidade de licenzas para saber que podemos ou non podemos facer cunha obra.
Para consultar as opcións de reutilización de contidos de obras alleas en editoriais internacionais é útil a páxina de STM
Como creadores é aconsellable estudar as condicións nas que imos reter os nosos dereitos e coñecer como e quen vai explotar a nosa obra. Especialmente se temos obrigas dos nosos financiadores para poñer os documentos en aberto.
Para obter unha información máis detallada acude á Biblioteca ou contacta con nós a través do correo electrónico.