Sobre os TFG

Como podo saber que traballos de fin de grao hai na Bibioteca?

 

Na Biblioteca de Socioloxía e Ciencias da Comunicación só se depositan os traballos de fin de grao de Ciencias da comunicación. Podes consultar o catálogo da Biblioteca para buscar un traballo en concreto. Anota a súa signatura para pedilo no mostrador.

Se queres ver todos os traballos de fin de grao que hai na biblioteca podes consultar por colección poñendo: Traballos fin de grao (UDC.COM), así sabes que estás seleccionado todos os traballos de fin de grao de Comunicación audiovisual, ou Traballos fin de carreira (UDC.COM), se queres ver os da licenciatura.

Que traballos de fin de grao están no RUC (Repositorio da Universidade da Coruña)?

 

Algúns traballos de fin de grao, tanto de Socioloxía como de Ciencias da Comunicación, están dispoñibles online a texto completo.

Podes consultar os que están a texto completo a través do catálogo ou ben buscar directamente no RUC (onde están aloxados), en Traballos académicos, seleccionando Traballos fin de grao, e buscando os da vosa titulación, neste caso: Comunicación audiovisual ou Socioloxía.

Tamén son consultables gran cantidade de Traballos de fin de Mestrado do mesmo xeito. 

¿Podo levar en préstamo un traballo de fin de grao?

 

Non, os traballos de fin de grado están excluidos de préstamo. Só é posible consultalos na biblioteca.

Que necesito para poder consultar un traballo de fin de grao?

 

Para poder consultar os traballos fin de grao precisas presentar no mostrador a túa tarxeta de identificación universitaria e pedir o traballo que necesitas pola súa signatura, por ex. TFG 27.

Onde podo consultar os TFG?

 

Podes consultalos nalgún dos ordenadores que hai na biblioteca ou no teu portátil se o traes, pero sempre sen saír da sala.

Cantos TFG podo consultar?

 

Podes consultar tantos traballos como documentos poidas levar en préstamo.

Hai TFG en papel?

 

Si, son os traballos máis antigos.