A biblioteca ocupa unha superficie de 844m2 distribuídos en 2 andares e posúe 1356 metros lineais de estantería en acceso directo e 290 en depósito.
1º Andar: recepción, expositores de novidades (monografías e revistas), zona de ordenadores e acceso a internet, área de descanso, mostrador de préstamo, sala de lectura, lector de microfichas, hemeroteca e depósito.
2º Andar: sala de lectura e estudio, Zona Verde (sala de traballo en grupo), material de apoio e referencia.
Na biblioteca dispós de espazos heteroxéneos adaptados ás túas necesidades.
Ofrecemos 145 postos de lectura, 37 deles no 1º andar (5 na hemeroteca) e 108 no 2º andar. Actualmente contamos con 14 mesas con enchufes (8 no 1º andar e 6 no 2º andar) e dous repetidores wifi para facilitarche a conectividade.
Dispós unha zona flexible no segundo andar para elaborar traballos en grupo, visionar películas, realizar reunións, etc. Este espazo ten capacidade máxima para dous grupos: un de 10 persoas e outro de 14 e nel atoparás:
Podes reservar a Zona Verde desde aquí. Consulta previamente o procedemento de reserva.
A cada lado da entrada da biblioteca tes un expositor coas últimas adquisicións. Se queres botarlle un ollo ás últimas monografías as atoparás ao entrar, á dereita. Mostrámosvos os últimos números de revistas que nos van chegando no expositor da esquerda.
Para a consulta física, contas cunha serie de arquivadores en formato papel para coñecer os novos títulos que se van incorporando á na nosa colección audiovisual.
Non esquezas que, ademais da consulta no catálogo para buscar información concreta por título ou director, o noso perfil de Pinterest é unha ferramenta moi útil para explorar os contidos da colección por países, décadas, xéneros ou temas.
A biblioteca ofréceche un espazo para que poidas descansar e ler a prensa. Nel dispós dun sofá, dous sillóns e dous postos de lectura.
Sempre que o necesites, podes utilizar algún dos 4 ordenadores con conexión a internet para facer as túas buscas bibliográficas.
Aínda que ese é o seu uso preferente, estes ordenadores tamén teñen instalado software útil para traballar como o paquete de Microsoft Office e de Libre Office, o Adobe 2017, VideoLAN, e Python 3.2.
As revistas en papel da nosa colección están accesibles sen intermediarios para a súa consulta na hemeroteca. Neste espazo dispós, ademais, de 5 postos de lectura.
No mundo cambiante das novas tecnoloxías moitos soportes van quedando atrás, substituídos por outros que permiten maior capacidade de almacenamento (ainda que non perdurabilidade) ou que ofrecen mellores sistemas de busca da información.
Na nosa biblioteca conservamos materiais en formatos en desuso como as microfichas ou os VHS. Se che te interesa consultar algún documento neste tipo de formato podes facer uso dos nosos aparellos. Dispós un lector de microfichas, un reprodutor de VHS (temos unha pequena colección neste soporte) e un reprodutor de DVD. Solicítanos auriculares no mostrador para utilizar estes dous aparellos.
Encontrarás en la entrada de la biblioteca el mostrador de información y préstamo para llevarte los documentos para casa o consultar tus dudas.