Que é Avaliemos?
Avaliemos é o sistema que utiliza a UDC para avaliar a actividade docente. Participan tanto o alumnado como o profesorado, a través dun conxunto de enquisas dispoñibles en liña, que se poden cubrir de forma rápida e anónima.
Que tipo de enquisas hai?
Hai dous tipos principais:
- Enquisas por materia:
- O alumnado avalía como foi a docencia recibida en cada materia e con cada docente.
- O profesorado tamén pode autoavaliar a súa docencia por materia.
- Enquisas xerais:
- O alumnado reflexiona sobre as súas propias competencias para a aprendizaxe.
- O profesorado avalía as competencias do alumnado (de forma global) e tamén pode facer unha autoavaliación das súas propias competencias docentes.
Para que serve Avaliemos?
Avaliemos axuda a:
- Mellorar a calidade da docencia, detectando fortalezas e aspectos que se poden mellorar.
- Deseñar programas de apoio e formación adaptados ás necesidades reais de alumnado e profesorado.
- Fomentar unha docencia máis reflexiva e comprometida.
Que aspectos se avalían?
As enquisas céntranse en tres grandes áreas:
- As metodoloxías docentes empregadas nas materias.
- Os sistemas de avaliación.
- As titorías e acompañamento ao alumnado.
Ademais, tamén se recollen datos sobre competencias específicas, como o uso de tecnoloxías, as distintas modalidades docentes, ou a saúde laboral no caso do profesorado.
Onde podo ver as enquisas?
Podes consultar os cuestionarios e cubrir as enquisas no seguinte enlace: https://udc.gal/avaliemos