Normas de presentación

As comunicacións poderanse presentar en español e portugués. As características do arquivo en que se enviarán estas comunicacións, están recollidas no documento “Normas de presentación”.

O sistema de revisión das comunicacións é de dobre cego. Para que as comunicacións sexan revisadas os autores deben asegurarse de gardar adecuadamente o anonimato, eliminando do arquivo calquera rastro dos seus nomes, apelidos ou lugar de traballo.

Todas as comunicacións, independentemente do seu tipo de presentación (simposio, oral ou póster), serán acreditadas mediante unha única categoría –comunicación-.

Cada autor/a só pode presentar un máximo de 3 comunicacións (sexa o non primeiro/a autor/a e independentemente do formato de presentación).

A todos os efectos, o primeiro autor/a da aportación será o interlocutor coa organización.

Os resumos das comunicacións, que terán unha extensión máxima de 900 caracteres incluíndo espazos, serán publicados como anexo ao programa  que se entregará aos asistentes aos 28 edce.

Os textos completos das comunicacións serán publicados en soporte electrónico con ISBN. Só se publicarán os textos das propostas aceptadas e presentadas aos 28 edce que se entreguen dentro dos prazos establecidos. A publicación reproducirá os orixinais enviados polos autores (non haberá revisión editorial).

Para a aceptación definitiva da comunicación é imprescindible a inscripción como asistente ao Congreso antes do 16 de xullo de 2018. Cando un colectivo presenta varios traballos, a inscripción correspondente cómpre que sexa dun autor diferente por cada un deles.

Todos os traballos presentados (comunicación oral/póster e cada unha das aportacións incluídas no simposio) deben ter unha extensión total de entre 14.000 e 16.000 caracteres con espazos (incluíndo gráficos, táboas, figuras, etc.) e tendo en conta que non debe superar as 6 páxinas.

Formato de páxina: Tamaño A4 (21,0 de ancho por 29,70 de alto). Marxe superior 3. Marxe inferior 3. Marxe esquerda 3,5. Marxe dereita 3,5.

Formato de parágrafo: Interliñado simple (sen sangrías, excepto as referencias bibliográficas)
Non inclúa paxinación. Evite as notas ao final de páxina. Inclúa os epígrafes que considere oportunos respectando o nivel de xerarquía.

Ver exemplificación de maquetado