Impresos

Co obxecto de facilitar o trámite de solicitude de posta en marcha dun novo estudo propio de posgrao, neste apartado da web recóllense algúns aspectos do Regulamento de Estudos Propios de Posgrao a ter en conta:

  • detállase o proceso que se debe seguir para a tramitación.
  • enuméranse os contidos mínimos que se deben incluír no proxecto de implantación.
  • proporciónanse algúns impresos normalizados elaborados pola UEPP (nalgúns casos de presentación obrigatoria e noutros como modelos de referencia ou exemplo).

Solicitude de Implantación

Impreso normalizado de solicitude de implantación dun novo curso propio de posgrao.(aquí)

Proxecto de Implantación

Impreso normalizado de proxecto de implantación dun curso propio de posgrao, onde se recollen os contidos mínimos que deben figurar de acordo co establecido no Regulamento de Estudos Propios de Posgrao. O proxecto de implantación consta de seis documentos.(aquí)

Ficha Resumo

Documento resumo das características máis salientables da proposta que obrigatoriamente debe acompañar o proxecto de implantación para a súa tramitación.(aquí)

Certificación da Unidade Académica Responsable

Impreso normalizado de certificación da unidade académica responsable do estudo na que se avale a solicitude de implantación.(aquí)

Visto e prace do centro de impartición

Modelo normalizado de Visto e prace da dirección do centro onde se impartirán as clases (tanto teóricas como prácticas) ou da vicerreitoría correspondente.(aquí)

Aceptación de participación

Documento de referencia para recoller as sinaturas de aceptación de participación no estudo do profesorado proposto.(aquí)

Enquisa de avaliación

Documento de referencia cun exemplo de posible enquisa de avaliación do profesorado e do propio estudo.(aquí)

Seguro alumnado

Modelo de compromiso da dirección dos estudos propostos para realizar un seguro de responsabilidade civil para o alumnado en caso de non estar cubertos polo seguro escolar ou de implicar actividades que así o requiran.(aquí)

Modelo de Convenio de Xestión Económica Delegada entre a FUAC e a UDC

Borrador de Convenio de Xestión Económica Delegada entre a Fundación Universidade da Coruña e a Universidade da Coruña.(aquí)

Documentación completa

Toda a documentación necesaria para a presentación dunha nova proposta de implantación de curso de posgrao (aquí)