Profesionais que parten da diversidade e o empoderamento das persoas, sensibilizados coa calidade de vida, a normalización e a inclusión de todas as persoas con trastornos do desenvolvemento neurolóxico, as súas familias e os contextos nos que viven e se desenvolven. Traballamos por un trato íntimo e cálido, cunha linguaxe comprensible e unha comunicación fluída onde as persoas sexan o máis importante e o noso obxectivo a desenvolver, unha boa convivencia e vida en común.
O noso traballo persegue capacitar a persoa polo que que a atención que ofrecemos, así como o traballo en equipo, a relación persoal e emocional, e a base do noso comportamento ético baséanse nos principios de: transparencia, rigor profesional, responsabilidade, mellora continua, entusiasmo e formación e crecemento permanente coa xente.
Estes son algúns dos aspectos esenciais que cumpre o noso servizo. Vexa tarxeta de presentación