Pódenos pedir

Asesoramento, Orientación, Apoio, Atención á carta (individual, colectiva), en función de cada demanda e/ou necesidade concreta. Unha atención cercana, individualizada, precisa, que parta dos proxectos centrado nas persoas, nas familias e nos seus contextos máis naturais de vida, das necesidades e das demandas de cada quen. A finalidade debe ser crear unha vida independente e autónoma para as persoas con TEAs/TNDs, onde se sintan capaces, importantes, entre e con os demáis, participando da vida con calidade.

  • Asesoramos a Pais/Nais, persoas, educadores, profesionais… Promovendo Proxectos Centrado na Persoa, Planificando Apoios e Axudas continxentes, dando poder ás persoas para as súas decisións, organizando os proxectos para a consecución de hábitos e habilidades de vida en común e convivencia harmónica, facilitando sempre o seu desenvolvemento e aprendizaxe de forma agradable e con entornos cálidos e capaces.
  • Asistencia Persoalizada sempre, analizando, concretando e priorizando as demandas para a súa satisfacción.  Organizando, propoñendo e asistindo na súa organización, planificación e execución atendendo ás características diferenciais das familias, as persoas e os seus contextos e situacións, atendendo ás súas necesidadesc oncretas, as súas perspectivas de futuro, os seus soños...
  • Avaliación e/ou diagnóstico  das Demandas e/ou necesidades. Desenvolvendo ao máximo as Potencialidades de cada persoa, establecendo Apoiod axustados e apropiados, determinado o óptimo funcionamento da vida da persoa TEAs/TNDs, os seus achegados e as súas familias. Procuramos o traballo e a formación continuada e para a mellora.

Como aspectos básicos e esenciais que debe cumprir o noso servizo, Cremos Firmemente en:

Cremos.Gal

Nesta Unidade, levamos a cabo un servicio profesionalizado, especializado e público centrado nas Capacidades, porque todas as persoas temos capacidades, dificultades e unha marxa continua de aprendizaxe e desenvolvemento. Cremos nas persoas porque son o importante, o trascendental, o que nos anima a ser mellores e nos axuda no proceso.