O dereito de acceso, as súas limitacións e o procedemento establecido se recollen na Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno de Galicia, así como na Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno
Todas as persoas, tanto físicas como xurídicas, teñen o dereito de acceder á información pública, aos contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que obren en poder das Administracións Públicas, e que fosen elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións.
A súa presentación realizarase no formulario establecido ao efecto a través da sede electrónica da UDC nesta ligazón.
Tamén pode descargar o impreso premendo nesta ligazón e presentala nalgún dos rexistros da Universidade da Coruña ou nos rexistros establecidos para o efecto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo das administracións públicas, dirixida á Secretaría Xeral.
Máximo 1 mes dende a recepción da solicitude polo órgano competente para resolver.
Este prazo poderá ampliarse por outro mes no caso de que o volume ou a complexidade da información que se solicita así o fagan necesario e previa notificación ao solicitante.
Rematado o prazo máximo para resolver sen que se ditase e notificase resolución expresa entenderase que a solicitude foi desestimada.
Contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso poderá interporse unha reclamación perante o Valedor do Pobo, así mesmo, poderase presentar con carácter potestativo, reclamación perante o Consello de Transparencia e Bo Goberno ou acudir directamente á xurisdición contencioso-administrativa.
Pode acceder ao seguimento das peticións de información pública premendo no ano de interese (2018, 2019, 2020, 2021, 2022 e 2023)