FAQ

Se no punto de emision non puideches obter a tarxeta por algún destes erros debes facer o seguinte:

  • ERROR-02 (o usuario non ten dereito a tarxeta) contacta coa administración do teu centro (estudante) ou coa unidade organizativa que che realizou o contrato (persoal da UDC) para que che revisen a matrícula ou o contrato.
  • ERROR-00, ERROR-01, ERROR-03 contacta con tarjetas.sic@udc.es indicando o teu nome e o documento co que estás matriculado/contratado. Para garantir a túa identidade é preciso enviares esta solicitude desde a conta de correo da UDC.

Algúns servizos da tarxeta universitaria, como o préstamo de libros na biblioteca ou o control de acceso a edificios, requiren da activación previa no portal de Servizos da universidade, polo que é recomendable rexistrarse en https://servizos.udc.es antes de obter a tarxeta nos puntos de emisión.

Debes solicitar unha nova tarxeta. Consulta o apartado Onde conseguila?

As tarxetas que non teñen conta asociada seguen estando operativas pese a que xa finalizara a data de caducidade. Se a túa tarxeta caducou e por calquera motivo necesitas unha con data de caducidade en vigor diríxete aos puntos de emisión ou consulta o apartado Onde conseguila?