A oferta de proxectos canalizarase a través da coordinación STEMbach da UDC.
Desde a coordinación STEMbach enviarase a todo o PDI da UDC un correo electrónico en o que se facilitará a seguinte ligazón ao formulario que haberá que encher e enviar cos datos do proxecto para ofertar antes do 15 de outubro de 2025:
Proposta de Proxectos STEMBach (PDI UDC) Bienio 25-27
*Se unha vez finalizado o prazo de presentación de proxectos, por petición dalgún centro ou por iniciativa propia dalgún/a profesor/a, se quere incorporar á oferta algún proxecto novo, deberá seguirse o mesmo procedemento (notificación á coordinación STEMbach e envío do formulario cos datos de proxecto).
Unha vez finalizado o prazo de presentación de proxectos, do 30 de outubro ó 29 de novembro de 2025 a coordinación STEMbach difundirá a oferta de proxectos para o novo bienio (2025-2027) na páxina web, notificará aos coordinadores dos centros e institutos e á coordinación do programa na Xunta de Galicia que xa está dispoñible a oferta e resolverá as dúbidas que teñan acerca dos proxectos ofertados. A oferta está formada por aqueles proxectos non asignados propostos polo PDI da UDC (xa que existen proxectos xa en desenvolvemento entre centros STEMbach e profesorado PDI que xurdiron por fóra desta oferta de proxectos).
Ademais, durante este prazo, os coordinadores dos centros poderán realizar unha primeira solicitude de proxectos para os seus estudantes. A solicitude facerase por parte dos tutores dos centros STEMBach mediante o envío do formulario indicado a continuación que estará habilitado a partires do 31 de outubro e a data límite será o 29 de novembro de 2025. Deberase cubrir un formulario por solicitude de proxecto. No caso de haber máis solicitudes que grupos ofertados para un mesmo proxecto, a axudicación farase por sorteo, e non se terá en conta o momento de envío da solicitude, polo que non é necesario apresurarse para enviar a selección de cada centro.
Formulario de solicitude de Proxectos 2025-2027
Despois deste primeiro prazo de solicitude para o bienio 2025-2027, habilitarase un segundo prazo de solicitude dos proxectos non asignados no primeiro prazo a partires das datas que se publicarán nesta web. A solicitude facerase por parte dos tutores dos centros STEMBach mediante o envío do formulario de solicitude indicado anteriromente. Deberase cubrir un formulario por solicitude de proxecto para un alumno ou grupo de alumnos. Unha vez recibidas as solicitudes procederase o envío da asignación dos mesmos, seguindo as mismas regras que na primeira convocatoria.
Tamén é posible contactar coa coordianación STEMbach da UDC en caso de que algún estudante estea interesado en temáticas diferentes ás propostas na oferta. A UDC intentará buscar profesorado da UDC que poida dirixir proxectos nesas temáticas.
Despois de que a coordinación STEMbach da UDC revise as solicitudes, a mediados de xaneiro realizará as asignacións e publicaranse as mesmas ademais de notificarállelas a todas as persoas implicadas (titor/a/es da UDC e coordinador/a do centro educativo) para que poidan iniciar a colaboración. Unha vez notificada a asignación, poderá iniciarse o desenvolvemento dos proxectos asignados, que finalizarán previsiblemente entre decembro e marzo do seguinte curso, dependendo das necesidades dos/das participantes.
Deberase seguir en todo momento o proceso sinalado, de xeito que, se desde algún centro se poñen en contacto de maneira directa con algún profesor/a da UDC para realizar a súa solicitude, a asignación non será efectiva salvo que se oferte o proxecto pola canle oficial e se faga a solicitude do mesmo nos prazos habilitados a tal efecto. En caso de dubida, deberase contactar coa coordinación STEMBach da UDC ( stembach@udc.es ). De non se facer así, a asignación non será efectiva.
Se algún dos proxectos asignados sofre algún cambio ao longo do seu desenvolvemento respecto aos datos facilitados ao comezo (nome do proxecto, titor/a/es…) estes deberán ser notificados a través do formulario habilitado a tal efecto á coordinación STEMbach.
Así mesmo, no caso de que algún dos proxectos asignados ao comezo de curso se paralice, o seu titor ou titora deberá notificalo á coordinación STEMbach coa maior brevidade posible.
O procedemento de notificación tanto de cambios nos proxectos como a súa baixa ou finalización é mediante o seguinte formulario:
Formulario comunicación modificacións/baixas
A defensa do traballo realizarase en período lectivo antes do 1 de maio do seguinte curso académico e a comisión avaliadora estará composta polo/a director ou directora do centro educativo (ou unha persoa en que delegue), o coordinador ou coordinadora do programa no centro educativo e unha persoa da Universidade que non participase na titorización do proxecto, vinculado ao departamento ou centro de investigación ao que pertence o titor ou titora na UDC.
A data, modalidade (en liña/presencial) e lugar, no caso da modalidade presencial, da defensa acordarase entre os seus participantes.
Unha vez que estean definidos a data, a modalidade e o tribunal da defensa, o titor ou titora do proxecto no centro deberá comunicar esta información á coordinación STEMbach a través do seguinte formulario:
Formulario Tribunais Defensa Proxectos Bienio 2023-2025
Para dar por finalizado o proxecto, o membro do tribunal da UDC enviará a acta da defensa á coordinación STEMbach mediante o seguinte formulario electrónico co fin de que poida rexistrar a nota alcanzada polo proxecto para a posterior emisión dos certificados.
Formulario para envío da acta de defensa do bienio 2023-2025
As acreditacións de participación para o persoal docente da UDC como directoras ou membros do tribunal dalgún proxecto STEMbach, emitiranse por parte da vicerreitoría competente unha vez que remate o curso académico en que se defende o proxecto, previa solicitude no seguinte formulario:
Formulario solicitud acreditación participación
Se algunha das persoas interesadas necesitase algunha acreditación nalgún outro momento por algunha causa xustificada, poderá solicitalo a través do formulario anterior
Desde a coordinación STEMbach agradecemos que se nos comuniquen todas as actividades realizadas no marco do programa (charlas en centros educativos, visitas a centros tecnolóxicos e facultades da UDC etc...) e igualmente valoramos que se nos faciliten, na medida do posible, imaxes do seu desenvolvemento, a través do correo electrónico stembach@udc.es Desta maneira, poderemos darlles difusión tanto nas redes sociais como na páxina web do STEMbach na UDC.
Así mesmo, ofrecémonos a colaborar na organización e xestión de tales actividades.
Calquera outra dúbida será atendida a través do correo de contacto da coordinación STEMbach na UDC: stembach@udc.gal