Cooperación

O CEDAR leva a cabo un labor de colaboración con distintas entidades relacionadas co mundo dos arquivos e a documentación

(c) Imaxe de LoggaWiggler

Conferencia de Archivos de las Universidades Españolas (CAU)

A CAU é a entidade que agrupa os arquivos das universidades españolas coa finalidade de colaborar en tarefas e obxectivos comúns que leven a mellorar a xestión do patrimonio documental dos centros de educación superior en España. A CAU está integrada na Comisión Sectorial de Secretarios Xerais da Conferencia de Reitores das universidades españolas (CRUE).

O CEDAR pertence á CAU desde 2005.

Un dos eventos máis importantes que cada ano desenvolve a CAU son as xornadas de arquivos universitarios.  O CEDAR organizou as XXIII Jornadas de Archivos Universitarios (A Coruña, 21-23 de xuño de 2017) baixo o lema de “El archivo electrónico en la administración digital”. As xornadas tiveron lugar na Reitoría da UDC e foron coordinadas polo persoal do CEDAR: José Luis Mínguez Goyanes, José Felipe Fernández López e Llarina González Solar.

Publicación do libro das 23 xornadas da CAU.

 

Consello de Arquivos de Galicia

O Consello de Arquivos de Galicia é o órgano colexiado consultivo de asesoramento, cooperación e participación en materia de arquivos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.


Consello de Avaliación Documental de Galicia

O Consello de Avaliación Documental de Galicia é o órgano colexiado consultivo e de asesoramento para o estudo e ditame sobre as cuestións relativas á cualificación e utilización dos documentos producidos, recibidos ou acumulados no exercicio das súas funcións polas institucións, administracións e organismos públicos.

O Pleno do Consello de Avaliación Documental de Galicia de 12 de decembro de 2018 constituíu o Grupo de Traballo de Universidades. Neste grupo elabóranse os estudos das series documentais propias das universidades.