Pavillón denominado número catro e destinado a sifilíticos no Proxecto de "Hospital da Nosa Señora das Dolores", obra do enxeñeiro militar francés Casimir Tollet -1894- anos máis tarde, destinado a Pavillón de Especialidades, "Oftalmoloxía e Odontoloxía".
Os seus dous andares dispuñan de dúas salas de doentes cada unha, cubertas por bóvedas oxivais específicas que permitían e favorecían a ventilación natural no que foi o hospital máis vangardista de Galicia, de España e da Europa do seu tempo. A reforma e rehabilitación por parte da Universidade da Coruña foi realizada en 1996.
Arquitecto autor da reforma: D. José Antonio Franco Taboada.
Construtor: Constructora San José.
Coordenadas GPS: 43° 28' 56.856'' N 8° 13' 26.9754'' W
Enderezo: Campus de Ferrol. 15403