Como participar

Liñas temáticas

 

1. Textos: lingua e literatura
Contribucións centradas nos aspectos lingüísticos e literarios dos textos orixinais do Lazarillo

2. Traducións: linguas estranxeiras e peninsulares
Propostas que traten sobre as traduccións do Lazarillo a diferentes linguas

3. Historia e sociedade
Estudios de aspectos históricos e socioculturais da época na que se redactou a obra

4. Didáctica dos feitos culturais
Contribucións sobre versións e adaptacións da obra, así como relacionadas coa didáctica

 

Normas de presentación do resumo

O prazo de presentación de propostas comeza o 1 de xaneiro de 2019 e remata o 30 de abril de 2019. Cada autor pode presentar, como máximo, unha comunicación. Para facer unha proposta hai que enviar dous documentos ao correo de contacto da organización: silazarillo@udc.es. No asunto ten que figurar a liña temática da comunicación e as sete primeiras palabras do título (exemplo: L1 Estudio de la morfología verbal del Lazarillo) e os arquivos han de empregar o seguinte formato:

- Resumo. 250-300 palabras e cinco palabras chave. Arquivo en .doc o .docx (Word) que se nomeará indicando a liña temática (L1, L2, L3 ou L4), as sete primeiras palabras do título, separadas por un guión baixo, e o término "anónimo". Exemplo: L1_Estudio_de_la_morfología_verbal_del_Lazarillo_anónimo.

- Biodata. Ata 6 liñas. Arquivo en .doc o .docx (Word) que se nomeará indicando a liña temática, as sete primeiras palabras do título, separadas por un guión baixo, e os apelidos e nome do autor. Exemplo: L1_Estudio_de_la_morfologia_verbal_del_Lazarillo_LópezLópezPedro.

Unha vez que o comité científico avalíe a proposta, notificaráselle aos autores a súa decisión antes do 14 de xuño de 2019. 

Plantillas