Seguridade da información

A Universidade da Coruña ten un compromiso decidido coa mellora constante na xestión da seguridade da información que manexa.

Deste xeito, e cumprindo os requisitos do Real decreto 311/2022 polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade, conta cun sistema de xestión da seguridade da información cuxos obxectivos principais son os seguintes:

  • Asegurar a integridade, a dispoñibilidade, a autenticidade, a confidencialidade e a trazabilidade da informacións e os servizos utilizados en medios electrónicos que xestiona no exercicio das súas competencias.
  • Cumprir cos requisitos legais existentes no ámbito da seguridade da información e a protección dos datos persoais.
  • Maximizar o tempo de dispoñibilidade dos servizos prestados e minimizar os incidentes de seguridade, nun proceso de mellora continua.
  • Garantir os dereitos dos usuarios dos servizos.
  • Racionalizar o gasto en medidas de protección. 

Novas

Novas

Contacto

O responsable de seguridade da información é a persoa designada polo reitor para dirixir a implantación deste sistema de xestión, supervisar o cumprimento das medidas de seguridade requiridas para minimizar os riscos e promover accións de formación e concienciación para a difusión dunha cultura de seguridade da información na organización.

Os seus datos de contacto para cuestións ou suxestións son os seguintes:
Universidade da Coruña
José A. Pizarro Bedoya (Responsable de seguridade da información)
Enderezo postal: Rúa da Maestranza, 9. 15001 A Coruña
Teléfono: 881 011 054
Correo electrónico: seguridade.informacion@udc.gal