Arquitectura, paisaxe, turismo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Datas importantes provisionais

O I Congreso Científico Transnacional: Patrimonio Marítimo Atlántico e Turismo Azul nace co propósito de profundar nas interrelacións entre as construcións e paisaxes litorais asociadas á cultura marítima e o turismo sostible vinculado ao océano e a costa. Este encontro propón unha reflexión conxunta sobre as arquitecturas do mar, as súas paisaxes e as formas en que estes elementos patrimoniais dialogan coas dinámicas turísticas contemporáneas.

Tomando como eixo condutor o bordo atlántico europeo, o congreso enmárcase no proxecto SEALabHaus, que promove unha mirada integrada de arquitectura, arte, cultura, turismo, sustentabilidade, profesionalización e formación. Polo que a interconexión entre patrimonio marítimo e turismo azul non só revela novas oportunidades de desenvolvemento, senón tamén desafíos que requiren enfoques transdisciplinares e colaborativos.

Galicia, coa súa rica tradición marítima, cun bordo litoral modificado polas arquitecturas do mar e a súa aposta por un turismo respectuoso coa contorna, convértese no escenario ideal para este encontro. A cidade da Coruña, sede do evento, destaca pola súa vinculación histórica co mar e polo papel activo da súa universidade como estandarte do coñecemento e a innovación neste ámbito.

Este congreso convida a investigadores de diversos ámbitos a compartir experiencias, xerar sinerxias e reflexionar xuntos sobre o futuro desde a costa atlántica.

 

 

Febreiro 2026   Data límite da convocatoria de artigos
Marzo 2026   Apertura de inscrición
Maio 2026   Data límite de inscrición anticipada
Xullo 2026   Data límite de inscrición para participantes
Agosto 2026   Data límite de inscrición final
Primeiros Outubro 2026   Data da conferencia